Novas


 

Coalición Galega confirma que presentará lista ao Concello de Lugo nas municipais

A formación política abriu o prazo para presentar candidaturas para liderar a lista ou formar parte dela

X. R. PENOUCOS Lugo, 06 de abril de 2015. Actualizado ás 13:12 h. 1

 

Coalición Galega confirmou que presentarán a súa candidatura na cidade de Lugo nas próximas eleccións municipais.

Os responsables desta formación política abriron o prazo para presentar candidaturas tanto para lidera a lista como para formar parte dela antes do día 12. A inscrición neste proceso participativo é libre e aberta a toda a cidadanía. O partido tamén anunciou que garante a presentación de listas, como mínimo, en Vigo e Ourense. Apostan por un proceso de rexeneración política en toda Galicia e aseguran representar a tradición galeguista de centro.

O programa que presentan contén dez medidas que consideran básicas entre as que inclúen crear a figura do Valedor do Cidadán, conxelar as taxas municipais durante dous anos e introducir o procedemento de poxa para todos os concursos públicos.